Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (56/2015).

Marina García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Guimarey Figueiras contra SB Metal, S.R.L., o Fondo de Garantía Salarial, SB Industrial y Comercial, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 56/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a SB Metal, S.R.L. e a SB Industrial y Comercial, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 17.9.2015 ás 10.00 horas, na planta baixa, salga 1, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a SB Metal, S.R.L. e SB Industrial y Comercial, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 8 de abril de 2015

A secretaria xudicial