O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».
Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Axencia Turismo de Galicia que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
– Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago: 28 €.
– San Francisco de Asís (castelán): 5 €.
– San Francisco de Asís (galego): 5 €.
– On the road (ed. castelán): 25 €.
– On the road (ed. galego): 25 €.
– On the road (ed. inglés): 25 €.
– El manuscrito Algunos cortes de arquitectura de Francisco Antonio Fernández Sarela: 18 €.
– Viaje de San Francisco a España 1214: 12 €.
– Liber Sancti Iacobi Codex Calixtinus: 25 €.
– La peregrinación a Santiago de Diego de Guzmán: 20 €.
– Gastronomía monacal en Galicia (castelán): 20 €.
– Gastronomía monacal en Galicia (galego): 20 €.
– Iconografía de las tres iglesias góticas de Betanzos: 68 €.