Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16986

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade desta deputación.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 46.000,00 € (IVE, e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se consideren procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 15 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense