Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (134/2012).

María Luisa Sánchez Garrido, secretaria do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, dou fe e certifico que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario 134/2012 seguido por instancia de José Piñeiro Radio, Mercedes Piñeiro Fernández, Juan F. Otero Lamelas, María Luisa Álvarez Vidal contra Francisco Pérez Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, nos cales, por Resolución do 26 de febreiro de 2015 se acordou a publicación da parte dispositiva da sentenza ditada no 16 de xuño de 2014:

«Resolvo.

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Vázquez na representación acreditada, declaro a responsabilidade persoal de Francisco Pérez Rodríguez pola obrigas asumidas cos demandantes nos contratos de permuta subscritos entre ambas as partes no 30 de marzo de 2006, e condénoo a aboar aos demandantes a cantidade de 661.788,13 euros, máis os xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros, na forma establecida pola DA 15ª LOPX».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma a Francisco Pérez Rodríguez, expido e asino este edicto.

Vigo, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial