Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama (expediente AB-CON1-14-019).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-14-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es .

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de depósito, custodia e xestión do arquivo de mamografías xeradas polo Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 63120000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 592.488 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 227.880 euros. Importe total: 275.734,80 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización del contrato: 15 de marzo de 2015.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 182.304 euros. Importe total: 220.587,84 euros.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos