Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente sancionador OU-EP 39/2014, en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona, interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador OU-EP 39/2014, tramitado por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

OU-EP 39/2014

Mahadi Khani Al Assali

Rúa Viriato, nº 4, 36005 Ourense

Kebab Los Vinos

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio