Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17728

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 28 de abril de 2015 polo que se fai pública a comunicación do director xeral de Radio Televisión Española en que participa o plan de cobertura informativa da Corporación RTVE (TVE-RNE), no ámbito da Comunidade Autonómica de Galicia, para as eleccións locais que se celebrarán o próximo 24 de maio.

A Xunta Electoral Provincial da Coruña acorda, no que se refire á súa competencia sobre a emisión de ámbito autonómico da provincia da Coruña e local, dentro da provincia da Coruña, a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director do Centro Territorial de RTVE Galicia, consistente na proposta de cobertura informativa de TVE e RNE para as eleccións autonómicas e municipais do próximo 24 de maio de 2015, que inclúe os informativos territoriais, programas especiais, entrevistas e debates, co fin de que os representantes das candidaturas poidan examinar esta programación nas dependencias desta xunta electoral, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinente.

A Coruña, 28 de abril de 2015

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña