Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Union Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.
Denominación: ret. LMT eixe atlántico alta velocidade.
Situación: Redondela.
Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 523 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1 na saída RED709 e final no apoio proxectado nº 5 CH-1600-130 na saida RED709. LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 395 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no apoio 2, C-3000-22, da LMT aérea e final no apoio PAS proxectado HVH-1600-S13 na RED709. A instalación está situada no lugar de Vilar do Mato, Redondela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 14 de abril de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra