Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do acordo marco cun único empresario e dos contratos derivados deste correspondentes á subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de produtos de lavandaría (expediente 96/2013).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e dos contratos que se relacionan a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 96/2013.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de produtos de lavandaría para a Consellería de Traballo e Benestar.

c) División por lotes:

Lote 1: centros situados na provincia da Coruña.

Lote 2: centros situados na provincias de Lugo e Ourense.

Lote 3: centros situados na provincia de Pontevedra.

d) CPV: 39831200-8: deterxentes.

e) Acordo marco: si.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 2 de xaneiro de 2014.

Data de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE): 13 de xaneiro de 2014.

Data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG): 23 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: cincocentos setenta e dous mil oitocentos vinte e nove euros con noventa e oito céntimos (572.829,98 €), incluída a posible prórroga por un ano.

O valor estimado por lotes é o seguinte:

Lote 1: centros situados na provincia da Coruña: 211.534,84 €.

Lote 2: centros situados nas provincias de Lugo e Ourense: 167.701 €.

Lote 3: centros situados na provincia de Pontevedra: 193.594,14 €.

5. Formalización dos contratos dos tres lotes:

a) Data de adxudicación do acordo marco: 20 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización dos contratos derivados: 8 de abril de 2015.

c) Contratista: Kifort, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 0,047 € por kg de roupa (prezo sen IVE).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar