Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 29 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Educativa, da exposición pública dos proxectos dos decretos polos que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes a diversos títulos de técnico superior.

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon á exposición pública os proxectos dos decretos polos que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Deseño e Xestión da Produción Gráfica, técnico superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia, técnico superior en Fabricación de Produtos Farmacéuticos, Biotecnolóxicos e Afíns, técnico superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico, técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, técnico superior en Radioterapia e Dosimetría, técnico superior en Hixiene Bucodental e título de técnico superior en Mediación Comunicativa.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas aos proxectos destes decretos nos quince (15) días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, seguindo as instrucións que figuran no enderezo web www.edu.xunta.es/fp .

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria