Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato de servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2276.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria.

c) CPV: 79221000-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de novembro de 2013, 23 de novembro de 2013 e 26 de novembro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: unha porcentaxe máxima do 25 por 100 (IVE non incluído) sobre a débeda tributaria cobrada.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización: 10 de abril de 2015.

c) Contratista: Servicios de Colaboración Integral, S.L.

d) Importe de adxudicación: 10 % sobre a débeda tributaria cobrada.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa conforme todos os criterios do prego e con base na aplicación das fórmulas matemáticas e do informe de valoración dos criterios non reconducibles a fórmulas.

Ourense, 10 de abril de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde