Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na análise, o deseño, o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información corporativo de xestión de fondos europeos da Comunidade Autónoma de Galicia (Fondos 1420), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo Social Europeo (FSE), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, o deseño, o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información corporativo de xestión de fondos europeos da Comunidade Autónoma de Galicia (Fondos 1420), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo Social Europeo (FSE), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.3.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 99.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 99.000 €.

b) Importe total: 119.790 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada nun 80 % con fondos europeos (Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e con cargo ao Fondo Social Europeo (FSE). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas no artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.4.2015.

c) Contratista: iA Soft Aragón, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 75.000 euros. Importe total: 90.750 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable