Mediante Resolución do 19 de decembro de 2014 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG número 248, do 29 de decembro de 2014) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2015, en réxime de concorrencia competitiva.
Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécense os créditos dispoñibles, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, parece oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Ampliar para o exercicio 2015 o crédito establecido na partida 08.A1.741A.7708 en 125.000 euros, para as axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, que queda establecido do seguinte xeito:
Partida orzamentaria |
Orzamento 2015 |
08.A1.741A.7708 |
525.000 € |
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica