Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos para captación de investimentos estranxeiros para Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos para captación de investimentos estranxeiros para Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos para captación de investimentos estranxeiros para Galicia.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Industriais e manufactureiros: automoción e equipo, maquinaria e equipo, outra industria auxiliar, naval e aeronáutica

2

Saúde e asistencia social, biotecnoloxía e información e coñecemento (TIC)/audiovisual

3

Agroalimentario e primeira transformación, madeira, moble e outras transformacións da madeira, transporte e loxística

c) Lugar de execución/lugar de entrega: los informes deberán entregarse en el Igape (Santiago de Compostela).

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia do contrato, que será de 12 meses desde a formalización del contrato, podendo prorrogarse por outros 12 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación, ascende a 1.500.000 € (un millón cincocentos mil euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 315.000 € (trescentos quince mil euros), total de 1.815.000 € (un millón oitocentos quince mil euros), correspondendo:

750.000 €, máis 157.500 € de IVE, total 907.500 € á vixencia inicial de 12 meses e 750.000 € máis 157.500 € de IVE, total 907.500 €, a unha posible prórroga de outros 12 meses máis.

Desagregamento do orzamento por lotes e conceptos (12 meses):

Lotes

Importe sen IVE

IVE

Total

Lote 1: industriais e manufactureiros: automoción e equipo, maquinaria e equipo, outra industria auxiliar, naval e aeronáutica

300.000 €

63.000 €

363.000 €

Lote 2: saúde e asistencia social, biotecnoloxía e Información e coñecemento (TIC)/audiovisual

225.000 €

47.250 €

272.250 €

Lote 3: agroalimentario e primeira transformación, madeira, moble e outras transformacións da madeira, transporte e loxística

225.000 €

47.250 €

272.250 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Criterios de solvencia económico-financeira: cando menos unha cifra media de negocios dos tres últimos exercicios, ou daqueles dispoñibles en función da data de creación da empresa, do doble ou superior ao importe do lote ao que se licite.

Criterios de solvencia técnica:

Experiencia do licitante: mínimo de tres traballos, nos últimos tres anos ou prazo inferior, se é o caso, en materia de atracción de investimento estranxeiro directo.

Composición e experiencia do equipo técnico destinado á execución do contrato: o equipo técnico estará formado por tres persoas cando menos: un director e dúas persoas integrantes, e cumprirá os seguintes mínimos:

• O director do equipo acreditará estar en posesión dunha titulación universitaria superior e unha experiencia mínima de 8 anos en traballos de consultoría, dos cales terá desenvolvido un mínimo de 5 anos en traballos de atracción de investimento directo estranxeiro.

• O resto do equipo deberá acreditar estar en posesión dunha titulación universitaria superior e unha experiencia mínima de 5 anos en traballos de consultoría, dos cales terán desenvolvido un mínimo de 3 en traballos de atracción de investimentos, internacionalización ou xestión de proxectos de alcance internacional.

O licitante contará cunha oficina e equipo propio en cando menos 10 países da OCDE ou do grupo do G20 na data de publicación da licitación. Poderanse admitir oficinas e equipos alleos, sempre que se poñan á disposición do licitante e se acredite a efectiva dispoñibilidade destes.

En definitiva, búscanse empresas ou consultoras cun potencial acreditado e alcance a nivel mundial. Procúrase que estas empresas potenciais adxudicatarias estean implantadas directa ou indirectamente nun número importante de países. O seu grao de implantación ofrécenos información sobre a súa idoneidade para coñecer mercados, sectores e potenciais investidores e intereses.

A solvencia acreditarase polos medios establecidos na letra F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 16.6.2015.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas): 30.6.2015, ás 9.30 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas económicas): 13.7.2015, ás 9.30 horas.

10. Criterios de adxudicación: serán os seguintes, avaliados segundo o establecido na cláusula J da folla de especificacións:

Prezo para parte fixa

51 %

Metodoloxía e grao de especificación do servizo ofertado

40 %

Melloras

9 %

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: 3.500 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 27.4.2015.

14. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica