Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18074

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 19 de decembro de 2014 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG núm. 248, do 29 de decembro) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2015.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, substituíndose a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es , ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva con data do 23.4.2015 de concesión das axudas do Igape a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, no enderezo www.tramita.igape.es (punto «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas) .

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 eixe 1, tema prioritario 62, polo que a concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1 números 1) e 2) do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

Segundo. A resolución definitiva con data do 23.4.2015 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica