Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18492

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas para a construción dun punto de atención á infancia.

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o 27 de marzo de 2015, prestou aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas para a construción dun punto de atención á infancia en Guntín de Pallares.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 86.1 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última inserción deste anuncio nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal os interesados poderán consultalo na Secretaría deste concello e formular as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas.

Guntín, 28 de abril de 2015

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde