Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2014/212-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Deputación Provincial de Pontevedra.

Domicilio social: avenida Montero Ríos, 36001 Pontevedra.

Denominación: LMT, CT Pousada de Meaño.

Situación: Meaño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 28 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 26-5-5 da lMT G.E. Barrantes e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio proxectado HVH-13/1600, do cal continúa subterránea, con condutor RHZ1, 725 metros finalizando no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, para subministración a unha pousada situada no Outeiro, Meaño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra