Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18552

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna para realizar o primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir dez prazas da categoría profesional de oficial de servizos, grupo IV1, desta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 24 de novembro de 2014 (DOG do 2 de decembro e BOE do 15 de decembro de 2014) convocáronse probas selectivas para cubrir dez prazas da categoría profesional de oficial de servizos, grupo IV1, cinco pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Incluír a aspirante María Pilar Fernández González, con DNI 33271672X, na listaxe de persoas admitidas pola quenda de promoción interna e excluíla da listaxe de persoas admitidas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Terceiro. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 10 de xuño de 2015, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Servizo de Normalización Lingüística, Vivendas dos Catedráticos, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html .

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG e na web http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm .

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela