Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18642

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente por Acordo do Pleno do 29 de abril de 2015 o proxecto de modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, de conformidade cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é dun ano.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes: 

– Rante: contorno das estradas A Cruz de Rante- Santa Locaia e Rante-A Merca, dentro do ámbito do solo urbano.

– Calvos: Peto de Ánimas; edificios números 11 e 21 de Rúa do Peto.

– Pazos de Soutopenedo: dous camiños de concentración parcelaria situados dentro do núcleo.

– A Laxe: predios de referencia catastral 32076A06400384, 32076A06400383 e 32076A06400398.

– Currás: extremo nordés do camiño circunvalación no extremo do núcleo rural.

– Pazos de San Clodio: vía noroeste da Praza do Cruceiro.

– San Cibrao: vía rúa Fonteboa, no tramo situado no contorno do SUR-T2.

San Cibrao das Viñas, 4 de maio de 2015

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde