Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0041 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de abril de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0041.

Interesada: ILG Impresión Ecológica, S.L.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0042.

Interesado: José Manuel Míguez Castro.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0015.

Interesado: Gheorghe Geacarel.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2013-0087.

Interesado: Marian Sali.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.