Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1175/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1175/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Cacheda Gómez contra a empresa O Poliño, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 216/2015

Número de autos: 1175/2012

Na cidade da Coruña o vinte de abril de dous mil quince

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María Isabel Cacheda Gómez, que comparece asistida do letrado Sr. Nogueira Esmorís, e doutra como demandado O Poliño, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estar citado en legal forma.

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María Isabel Cacheda Gómez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa O Poliño, S.L. a que lle aboe á demandante cantidade de 8.662,22 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao Poliño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial