Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18737

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1248/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1248/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ignacio Pérez Fernández contra Starcine, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Ignacio Pérez Fernández, representado polo letrado Sr. Bermúdez de la Puente, contra Starcine, S.L.U., que non compareceu pese a constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 7 de novembro de 2014.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 7 de novembro de 2014 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 35,10 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 18.848,70 euros.

– Impoño á empresa demandada o aboamento das custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado do demandante ata o límite de 600 euros).

As cantidades a cuxo aboamento foi condenada a empregadora serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu pese a constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que lle son propios.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Starcine, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 15 de abril de 2015

O secretario xudicial