Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para o estudo, análise, diagnóstico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22577

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/2015 CN.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o estudo, análise, diagnóstico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.

c) Prazo de execución/entrega: sete (7) meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra L do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 62.625,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 62.625,00 €. Importe total: 75.776,25 €. cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Encádrase no eixe 5, tema prioritario 56 e eixe 3, tema prioritario 55.

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nas letras J e K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico de la Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas