Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18828

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 27 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 67, do venres 10 de abril de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 13788, artigo 8.2.B), onde di «b) Documentación que acredite o cumprimento da obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio.», debe dicir: «b) Certificación do/a secretario/a de ter remitido ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio da entidade local.»

E na páxina 13803, disposición adicional terceira, onde di: «A concesión das axudas e subvencións previstas para o ano 2015 nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.», debe dicir: «A concesión das axudas e subvencións previstas para o ano 2015 nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.»