Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1106/2012-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1106/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Blanco Pérez contra a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 156/2015

Número de autos: 1106/2012

Na cidade da Coruña, vinte e tres de marzo de dous mil quince

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Luis Miguel Blanco Pérez, que comparece asistido do letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra, como demandado, Falcon Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante, Luis Miguel Blanco Pérez, debo condenar e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.960,80 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridade, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial