Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación á interesada que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004, Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 20 de abril de 2015
P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense
ANEXO
|
Nº expediente |
Interesada |
NIF |
|
OU-2011/00364 |
Rafaela Cortez Pinheiro da Silva |
FB030554 |
