Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19036

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015 pola que se amplía o prazo de inscrición no Curso de especialización sobre dereito de patentes.

En virtude do establecido na base 15 da Resolución do 6 de abril de 2015 pola que se convoca o Curso de especialización sobre dereito de patentes, tendo en conta o tempo que resta ata a iniciación do curso, ante a demanda dos interesados e existindo prazas vacantes,

RESOLVO:

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes ata o día 25 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública