Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/108-1).

Número de expediente: IN407A 2015/108-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación MTS rúa José María Rivera Corral, nº 6 (Fábrica Estrella Galicia).

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 KV, cunha lonxitude de 0,058 km coa orixe en empalmes proxectados na LMTS GRN-745, no tramo entre o CT Tageasa (expediente 30.754) e o CT Mueble Juvenil (expediente 28/03), condutor tipo RHZ1-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo centro de seccionamento Estrella Galicia que será instalado polo cliente (entrada e saída).

Reforzo da liña de media tensión soterrada GRN-745, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,072 km, coa orixe en cela de liña existente no CT Mueble Juvenil (expediente 28/03), condutor tipo RHZ1-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados que se van realizar na LMTS GRN-745, no tramo entre o CT Mueble Juvenil (expediente 28/03) e o CT Parque Urbis, nº 1 (expediente 405/04).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña