Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19410

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4536/2014 MDM).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4536/2014 MDM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1275/2012 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrentes: Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Josefa Alen Núñez

Avogados: José María García Pérez, José Miguel Orantes Canales, José Miguel López Pérez

Recorridos: Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), administración concursal Galicia Saudade (Ignacio Losada Castillo)

Avogados: (…), Raquel Rodríguez Vieitez, (…)

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4536/2014 desta sección, seguido por instancia de Josefa Alen Núñez contra o Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Arteixo (A Coruña), administración concursal Galicia Saudade (Ignacio Losada Castillo) e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 141/15 MDM

Parte recorrente: Josefa Núñez Alen

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 23 de abril de 2015

O anterior escrito presentado polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Josefa Alen Núñez, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial