Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (71/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 71/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura López Fernández contra Richy & Enzo Construcciones, S.L.U., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Laura López Fernández coa empresa Richy & Enzo Construcciones, S.L.U., e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Laura López Fernández.

Indemnización: 3.938,19 euros (tres mil novecentos trinta e oito euros con dezanove céntimos).

Salarios: 7.021,77 euros (sete mil vinte e un euros con setenta e sete céntimos).

E para que sirva de notificación en legal forma a Richy & Enzo Construciones, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 24 de abril de 2015

O secretario xudicial