Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015 pola que se modifica a Resolución do 27 de abril de 2015 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, en réxime de alugamento, sen opción de compra, de equipamentos multifunción de impresión para os servizos centrais e periféricos (delegacións da Coruña, Lugo e Pontevedra), non suxeito a regulación harmonizada.

No punto 1.c.6) da Resolución do 27 de abril de 2015, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 86, do 8 de maio, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, en réxime de alugamento, sen opción de compra, de equipamentos multifunción de impresión para os servizos centrais e periféricos (delegacións: A Coruña, Lugo e Pontevedra) da entidade pública Portos de Galicia (EPPG), non suxeito a regulación harmonizada, disponse que o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22257

Advertido erro no contido do CCC que rexerá a referida licitación, por medio desta resolución dáse publicidade á modificación do seu contido, consistente na inclusión, no dito documento, dun novo anexo (IV), relativo á xustificación do prezo do contrato e orzamento base de licitación.

– Obtención de información e da documentación modificada:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 881 99 52 70.

2. Enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=22257

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación da subministración de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a data e hora de realización do acto público de apertura dos sobres C e as de calquera outro acto público publicaranse, coa debida antelación, no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia