Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19584

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumplir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura

Acordo de prórroga e actualización para o ano 2015 do convenio de colaboración asinado o 21 de novembro de 2002, entre o Servizo Galego de Saúde e a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades

Sen achega económica

11.12.2014

Prórroga do convenio de colaboración, entre a Consellería de Sanidade e o Instituto de Salud Carlos III, para a realización en Galicia dun sistema de vixilancia epidemiolóxica molecular da infección por VIH, resistencias transmitidas e tropismo

23.010,00 €

28.11.2014

Acordo de prórroga para o ano 2015 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión, da Dirección Xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a prestación de funcións de asesoramento e informe

Sen achega económica

22.12.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Marín, para a execución de obras complementarias para a mellora do comportamento hidráulico do río Lameira, para a construción dun centro de saúde

Sen achega económica

29.1.2015

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A., para a realización do desenvolvemento do curso en liña: O cancro de mama, para pacientes

Sen achega económica

7.11.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Boehringer Ingelheim España, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora do paciente

Sen achega económica

25.11.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario

10.607,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas no contorno sanitario

28.028,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

42.428,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social de pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

24.184,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación ATOX para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

24.184,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

133.280,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

14.143,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

20.488,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Érguete Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social e pacientes con trastornos adictivos (programa Itinere)

91.927,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade, para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

34.324,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Itinera, Voluntarios en Saúde Mental, para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.227,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal), para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares de coidadores

62.177,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de ti

81.852,00 €

7.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Asistida Divino Maestro

Sen achega económica

19.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de Adultos Patos

Sen achega económica

19.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica na Residencia para Persoas Maiores Santa Teresa da Cañiza

Sen achega económica

19.1.2015

Protocolo xeral de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña, para o fomento da doazón de órganos e tecidos na comunidade universitaria

Sen achega económica

15.1.2015

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no ámbito da cesión ou comunicación de datos de carácter persoal e o acceso aos sistemas de información necesarios para a realización de determinadas tarefas propias dos médicos forenses dependentes do Instituto de Medicina Legal de Galicia

Sen achega económica

30.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas, para o tratamento e a rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

148.502,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcohología (Asvidal), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

175.383,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a asociación Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

95.485,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Exalcohólicos Luis Miguel Morás da Coruña, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

170.073,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da C.A. de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

819.558,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o ISM, no ámbito da cesión ou comunicación de datos de carácter persoal e de acceso aos sistemas de información necesarios para a realización dos recoñecementos médicos de embarque marítimo

Sen achega económica

3.2.2015

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Allmirall, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

31.12.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

803.840,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.291.763,00 €

28.1.2015

Acordo entre a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se fixan as condicións na adquisición de talonarios de receitas oficiais de estupefacientes

5.121,60 €

31.7.2014

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lalín, no cal se establecen as bases para o estudo de viabilidade dun centro de alta resolución (CAR)

Sen achega económica

24.2.2015

Protocolo de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Estrada, no cal se establecen as bases para o estudo de viabilidade e localización para un novo centro de saúde

Sen achega económica

25.2.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escola Superior de Enfermaría Dr. José Timoteo Montalvao Machado (Chaves), para a realización de prácticas de estudantes de enfermaría nos centros sanitarios da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Sen achega económica

12.2.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), para a realización do Programa de atención á saúde mental infantoxuvenil na área de Ferrol

141.169,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (ACLAD), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.450.614,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

544.926,00 €

28.1.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia (Farga) para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

22.392,00 €

7.1.2015

Acordo de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Sociedad Española de Medicina de Catástrofes (Semeca)

Sen achega económica

23.2.2015

Protocolo xeral de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Vigo para a investigación das causas e dos determinantes do estilo de vida da poboación galega, o deseño e a avaliación de programas comunitarios de promoción do estilo de vida saudable e do envellecemento activo da poboación galega

Sen achega económica

11.2.2015

Addenda ao convenio entre o Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco) e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para a execución do proxecto Hospital 2050, cofinanciado con fondos Feder

9.030.090,57 €

29.12.2014

Addenda ao convenio entre o Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco) e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para a execución do proxecto Innova Saúde, cofinanciado con fondos Feder

9.016.091,14 €

29.12.2014

Addenda ao convenio de colaboración subscrito o día 14 de marzo de 2014, entre o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectos de patoloxías derivadas da utilización laboral do amianto

Sen achega económica

13.3.2015

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios Astrazeneca para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da cronicidade

Sen achega económica

19.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2015

1.398.860,00 €

13.3.2015

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ames, no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma no Centro de Saúde do Milladoiro

22.667,05 €

30.3.2015

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Valdegodos

Sen achega económica

5.3.2015

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra el Cáncer (Xunta Provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e no Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa Primeiro Impacto e actividades de voluntariado

Sen achega económica

27.3.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na Residencia para Persoas Maiores Geriatros Monforte

Sen achega económica

5.3.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros del Principado, S.A., para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Carlos IV

Sen achega económica

5.3.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, as entidades Geriolveira, S.L. e Quavitae Servizos Asistenciais, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de Maiores Sarquavitae San Lázaro

Sen achega económica

6.4.2015