Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de abril de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de ocupación sen título legal C-2002/010, conta 64.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Desafiuzamento 3/13.

Interesados: David Carlos Vázquez Regueira e outros.

Acto notificado: resolución de caducidade de expediente de desafiuzamento por ocupación sen título.