Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de explotación de recursos da sección A) San Roque número 364, no concello de Vilalba, promovido por Pedra e Canterías de Román, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de explotación de recursos da sección A) que a continuación se describe:

Solicitante: Pedra e Canterías de Román, S.L.

Domicilio social: Abelaira, 8, Román, 27840 Vilalba (Lugo).

Nome: San Roque.

Número: 364.

Situación: Vilalba.

Recurso: granito.

A designación do terreno é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

614.977

4.796.980

2

615.152

4.797.026

3

615.163

4.797.023

4

615.129

4.796.963

5

615.102

4.796.941

6

615.102

4.796.934

7

615.121

4.796.853

8

615.056

4.796.854

9

615.015

4.796.842

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello de Vilalba e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, á que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía e Industria ao abeiro do establecido da Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 14 de abril de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo