Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 55/2014.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 21 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Limpiezas Secope, S.A.

Recobo-Oleiros

15993 Ribeira

(A Coruña)

A15112634

55/2014

Artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores

Artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

9 de marzo de 2015