Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento da infraestrutura de datawarehouse e do servizo de CAU de formación para o emprego (expediente 46/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento da infraestrutura de datawarehouse e do servizo de CAU de Formación para o Emprego.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 27.10.2014.

DOUE: 24.10.2014.

BOE: 5.11.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.136.376,00 €, distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: 237.600,00 €.

Lote 2: 898.776,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: mantemento da infraestrutura de datawarehouse: 79.200,00 € + IVE (16.632,00 €) = 95.832,00 €.

Lote 2: servizo de CAU e soporte de nivel-1: 299.592,00 € + IVE (62.914,32 €) = 362.506,32 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 3.3.2015.

– Lote 2: 10.3.2015.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 27.3.2015.

– Lote 2: 1.4.2015.

c) Contratista:

– Lote 1: Atos Spain, S.A.

– Lote 2: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 61.590,62 € (IVE incluído).

– Lote 2: 350.362,76 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia