Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2014000094 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01213, eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Concello: Celanova.

Provincia: Ourense.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Beneficiario: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hros. Tomás Rodríguez Sampedro

Delmiro Rojo Cougil

Manuel Villar Barros

Edelmiro Rojo Cougil

Hros. Benjamín González Castro

Purificación Cid Doniz

Angelita González Reinosa

Manuel Araújo Fernández

María Esperanza Villar Diz

José Antonio Rodríguez Montes

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

4.12.2014

2014000094

2014000095

2014000096

2014000097

2014000098

2014000104

2014000105

2014000106

2014000107

2014000109

2013

2067

2077

2078

2155

2295

2364

2376

2506

2981

1.440,18

209,16

1.086,12

5.773,32

367,69

899,64

279,72

632,52

115,92

1.904,40