Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun ben inmoble situado no concello de Ribadeo.

Ás 12.00 horas do día 25 de xuño de 2015 terá lugar na sala multiusos do Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia en Ribadeo, situado na rúa Ibáñez, número 2, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa do lote único que a seguir se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 30 de abril de 2015:

Predio urbano. Número once. Vivenda tipo D, sita á fronte e dereita segundo se mira ao edificio desde a súa fachada principal, en parte da segunda planta alta de vivendas, do edificio sinalado co número 22 da avenida Rosalía de Castro, da vila de Ribadeo. Destinada a vivenda e distribuída en diferentes cuartos e servizos; ocupa a superficie útil aproximada de 51,90 m2, e mirando desde a rúa da fronte, linda: pola fronte, coa avenida de Rosalía de Castro; dereita, de Julio Pérez López e Anselmo López Rodríguez; costas, escaleiras e patio de luces do edificio; e esquerda, con vivenda tipo A de igual planta e casa e corredor distribuidor. Cunha cota de participación de dous enteiros e sesenta centésimas por cento. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo ao predio 24.688, folio 71, libro 321, tomo 720, inscrición terceira. Referencia catastral 8428001PJ5282N0011GB.

Predio urbano. Dúas cincuenta e seis avas partes indivisas do predio número dous da propiedade horizontal, soto un, o máis alto, do edificio sinalado co número 22 da avenida Rosalía de Castro de Ribadeo. Atópase destinado a espazos para garaxe aparcadoiro e sublocais. Esta participación indivisa confírelle ao seu titular o desfrute vinculado e exclusivo da praza de garaxe nº 10, que se demarca con 2,55 metros de largo e 4,95 metros de longo aproximadamente, coa superficie aproximada de 12,62 m2. Referencia catastral 8428001PJ5282N0002OF.

Tipo de licitación primeira poxa: 71.856,78 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 61.078,26 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 50.299,75 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion .

Poderase visitar o inmoble solicitando cita previa.

Teléfono de información: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda