Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19723

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 7 de maio de 2015 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta da Federación de Asociacións de Usuarios do Porto de Marín, o cesamento de Constante Freire González como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra en representación do sector pesqueiro, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar