Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de maio de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/81/2013-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 1 de abril de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/81/2013-RP1, en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural, sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na reconstrución da parte derrubada dun muro de contención, situado no lugar de Valiñocovo, Eirexafeita, no termo municipal do Saviñao, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Manuel López Carballo, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística