Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19994

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO do 18 de maio de 2015 polo que se lle dá publicidade á resolución do tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de director/a-xerente convocado por anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 23 de abril.

O 23 de abril de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia un anuncio polo que se convoca unha praza de director/a-xerente da sociedade de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

As bases e condicións atópanse na web da entidade http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Segundo a base 9, unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios de Retegal as puntuacións obtidas polos/as aspirantes con indicación do/da candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres días desde a publicación para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva que deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Mediante Resolución do 18 de maio de 2015, do tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de director/a-xerente da sociedade de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., elévanse a definitivas as puntuacións finais obtidas polos aspirantes e indícase o candidato seleccionado.

Esta resolución atópase na web da entidade http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

José Luis Somoza Digón
Presidente do tribunal