Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (186/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 186/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Said Khouaja Boundi contra Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., Montajes Industriales Montelnor, S.C., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Said Khouaja Boundi, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra as empresas Soluciones Tecnológicas en Voz y Datos, S.L., Montajes Industriales Montelnor, S.C. e Fogasa e en consecuencia debo condenar e condeno solidariamente as dúas empresas demandadas a que lle aboen ao demandante a suma de 2.137,73 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Industriales Montelnor, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial