Con data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2014125TA-OU, incoado a Fernández García, Francisco, DNI 76722010J, con domicilio na rúa Pablo Picasso, 10, 1º D, 32002 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Fernández García, Francisco DNI 76722010J, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia banco); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 24 de abril de 2015
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2014125TA-OU.
Interesado: Fernández García, Francisco.
DNI/NIF/CIF: 76722010J.
Último enderezo coñecido: rúa Pablo Picasso, 10, 1º D, 32002 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: trinta euros (30,00 euros).