Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20281

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 5 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Por Orde desta consellería do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 61, do 31 de marzo), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 61, do 31 de marzo), para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: subdirectora de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Ángeles Navasquillo Lorda.

DNI (*): *****787G.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.