Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20273

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 7 de maio de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Consellería de Economía e Industria, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto. Os/As aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria. No caso de que resulte seleccionado/a un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas para ocupar un posto de traballo dos anunciados no anexo I desta orde, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Se no prazo de dous (2) meses a partir da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia o/a funcionario/a seleccionado/a non puidese incorporarse ao posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e, se se considera oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres (3) días seguintes ao da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución de traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionario/a doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio do 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Código: IN.C05.00.001.15770.013.

Denominación do posto: xefatura do Servizo Ordenación Enerxática.

Dependencia: Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file