Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato que ten por obxecto o servizo de limpeza nas oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve formalizar o contrato de servizo seguinte:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 91/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: limpeza nas oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015; BOE núm. 302, do 15 de decembro de 2014 e DOUE do 6 de decembro de 2014.

e) Data de publicación na plataforma de contratación da Xunta de Galicia: 11 de marzo de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto e regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 506.659,04 € (IVE 21 %: 106.398,40 €). Total: 613.057,44 €.

5. Adxudicación:

a) Data: 10 de marzo de 2015.

b) Contratista: Limpiezas Cíes, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 470.400 € (IVE 21 %: 98.784 €). Total: 569.184 €.

Vigo, 27 de abril de 2015

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo