Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de reforma e ampliación do CEIP Manuel Murguía da Coruña, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 5/15-O).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de reforma e ampliación do CEIP Manuel Murguía.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 5 meses.

d) Clasificación: grupo: non se exixe. En substitución da solvencia, os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación: grupo C, categoría d.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 371.889,17 €.

b) IVE: 78.096,73 €.

c) Importe total: 449.985,90 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

5. Garantía provisional.

a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22689

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria