Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o acordo de inicio para declarar a perda total do dereito ao cobramento do expediente C-51-PDR-10.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio para declarar a perda total do dereito ao cobramento relativo ao expediente C-51-PDR-10.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Industrias e Comercialización da Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, situadas na rúa do Camiño Francés, nº 8-10, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar (Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: C-51-PDR-10.

Interesada: CV Hortalizas, S.C.

Acto de notificación: acordo de inicio para declarar a perda total do dereito ao cobramento.

Último enderezo coñecido: polígono do Tambre, s/n, Mercagalicia (posto 32) 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).