Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO-1337/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1337/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Olga Victoria Vázquez Freire contra Volvoreta, S.A. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que estimando integramente a demanda formulada por María Olga Victorina Vázquez Freire, que comparece asistida polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, e contra a empresa Volvoreta, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 5.024,80 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. Pasado este prazo, declararase firme e arquivarase.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data nela indicados. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Volvoreta, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2015

O secretario xudicial