Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (832/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 832/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Martínez Somoza contra o Fondo de Garantía Salarial, Gecreri, S.L., Azetanet Consultoría y Formac., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ana María Martínez Somoza contra a entidade Gecreri, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gecreri, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.639,63 euros brutos, por salarios e diferenzas salariais devindicadas entre maio de 2013 e xuño de 2014 (ambos inclusive), incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Gecreri, S.L. e Azetanet Consultoría y Formac., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial